Remake do cemitério

0
164

Após do seu éxito co filme de terror 1408, o guionista Matthew Greenberg adaptará outra novela de Stephen King, nesta ocasión o remake do seu clásico Pet Sematary (Cemitério de Animais) para a Paramount Pictures.

Esta nova adaptación leva moito tempo xestándo-se pero seica por fin lle chegou a súa oportunidade. O orixinal é unha das millores novelas de terror de todos os tempos, un thriller escrito por King en 1983 no que unha família múda-se a unha pequena vila de Maine preto dunha autoestrada por onde pasan camións decote. Preto dalí hai tamén un cemitério de animais e mais aló un antigo cemitério índio onde seica poden resucitar os mortos. O problema é que quen resucita non-o fai en plenitude física precisamente. E así, cando o fillo pequeno da família morra atropelado por un camión, o pai deberá decidir se usar ese poder índio, a costa da súa própia saude mental.

A Paramount xa daptara anteriormente o libro en 1989 nun filme que protagonizaron Dale Midkiff, Denise Crosby e Fred Gwynne. George Clooney estivo durante algúns anos atrás dun posíbel remake.

Lorenzo di Bonaventura e Steven Schneider son os produtores da nova versión.