Este ano o cinema fantástico estaba no lado bó da balanza e non había moitos riscos de que os Razzie, os prémios coñecidos coma os “anti-Oscar” porque prémian aos piores do cinema do ano pasado, se enseñaran demasiado co cinema de xénero.
Ainda así, a pior parada na gala celebrada hoxe, coma sempre na véspera da entrega dos Oscar, foi a fita Transformers: Revenge of the Fallen, que levou os títulos de pior película, pior guión (Ehren Kruger, Roberto Orci e Alex Kurtzman) e pior director (Michael Bay) de 2009.
No terreo das interpretacións secundárias tamén houbo algo para o cinema fantástico, e Sienna Miller, por G.I. Joe: The Rise of Cobra, foi a “galardoada”. Land of the Lost, que partía con sete candidaturas, levou-se só a “frambuesa dorada” á pior secuela, precuela ou cópia descarada.
A fundación Golden Raspberry Award tamén anunciou as honras ao pior da década, e iso que ainda queda un ano por remata-la. Battlefield Earth, protagonizada por John Travolta, levou-se con xustiza o título da pior película, mentres que Eddie Murphy e Paris Hilton foron nomeados os piores actores.