O regreso de Artur

0
166

Sylvain White (The Losers, Stomp the Yard) está en negociacións para dirixir un filme que explorará os primeiros días das lendas artúricas titulado Pendragon na New Regency e mais na Fox.

Lee Shipman e Brian McGreevy escribiron o guión, que esencialmente é unha história sobre as orixes de Camelot e os cabaleiros da mesa redonda, incluindo a Artur, Lancelot, Xenebra, Galahad e mais Merlin.

A historia incluirá un romance de xoventude misturado coa acción mais própia deste tipo de aventuras, e queexplica o intento de contratar a un especialista coma White. Michael A. Connolly será o produtor.

O proxecto non debe confundir-se coas outras duas adaptacións de Excalibur que están a se realizar na Warner Bros, unha a cargo de Bryan Singer e a outra con Guy Ritchie.