A hora mais escura en Rúsia

0
121

A New Regency e mais a Summit Entertainment producirán conxuntamente o thriller The Darkest Hour. O filme terá un tón moi semellante ao de 28 días despois e o seu argumento vai sobre un grupo de rapaces que loitan por sobrevivir nalgures en Rúsia após dunha invasión alien. Chris Gorak (Right at Your Door) dirixirá a partir dun guión de Les Bohem e Jon Spaihts que el mesmo reescribiu. Timur Bekmambetov e Tom Jacobson serán os produtores. A rodaxe escomezará en Rúsia no mes de xuño.