Avatar fracasa nos Oscar

0
372

Após dunha longa tempada de prémios, onte en Hollywood descubrimos que o tradicional desprezo da Académia polo cinema fantástico se fixo patente unha vez mais e que os votantes preferiron premiar outro filme mais de acción e guerra ambientada no Irak antes que recoñecer o traballo de James Cameron no seu filme de ciencia-ficción épica Avatar.

O fantástico, coma sempre, é o que fai que o cinema exista, gañe cartos, o que leva á xente ás salas, o que xera fans, emocións e crea espectáculo. Pero aos críticos non lles gusta e non hai ren mais que falar.

Así, a película con maior recadación da história do cinema tivo que se conformar con tres Oscars en categorías técnicas, levando os prémios aos millores efectos especiais, á millor cinematografía e á millor dirección artística, pero perdendo frente a Hurt Locker (un filme que en España titulou-se En tierra hoztil) nas categorías importantes, cando ambos eran candidatos a nove prémios cada un.

O filme de ciéncia-ficción rodado en Sudáfrica Distrito 9, pola súa banda, non levou nin sequera o prémio de consolación, mália ser candidato a catro estatuíñas, incluindo unha á millor película.

Os que si que acadaron rañar algo foron a longametraxe de debuxos animados da Disney/Pixar Up, que perdeu na categoría de millor filme pero gañou na de millor película de debuxos animados e millor banda sonora (orixinal de Michael Giacchino). Pola súa banda, a saga de Star Trek, após de once entregas, por fin este ano acadou o seu primeiro Oscar, na categoría de millor maquillaxe.