As noites de Arábia

0
196

O actor australiano Liam Hemsworth (The Last Song, Knowing) ven de se unir ao reparto da longametraxe de acción en 3D Arabian Nights que producirán a Inferno Entertainment e mais a ROAR.

O filme, de carácter épico, estará ambientado nun reino que ven de ser controlado por un golpista que matou ao rei. Hemsworth interpretará a un xoven comando que se alista nunha equipa na que tamén está Simbad o mariño e mais Aladino. Todos eles deberán rescatar á raíña Scheherazade.

Chuck Russell será o director deste filme, que conta cun guión que el mesmo escribiu xunto a Barry P. Ambrose. Bill Johnson, Mark Ciardi e Gordon Gray son os produtores. A rodaxe escomezará a finais de verán.