Lobishomes ou Lobismulleres?

0
179

A guapa actriz Juno Temple (Year One, Wild Child) ven de se unir ao reparto do vindeiro filme independente de Bradley Rust Gray, unha película de lobshomes protagonizado por lesbianas titulado Jack & Diane.

A história vai sobre dúas rapazas adolescentes na cidade de New York: a encantadora e inocente Diane (Temple), cuxo afecto e cariño chegan a furar o corazón da dura e pechada Jack (Olivia Thirlby).

A punto de deixar o país, Diane loita por mantér o seu amor vivo pero agocha o feito de que o seu recén espertado desexo sexual lle proporcionou visións de lobishome.

Temple substitúe neste papel á actriz Ellen Page e tamén a Allison Pill, que á súa vez reemprazou á anterior. A rodaxe dará comezo a finais de maio en New York.