Director para Fright Night

0
197

Craig Gillespie (Lars and the Real Girl, Mr. Woodcock) está en conversas para se encargar da dirección do remake da comédia de culto de vampiros Fright Night, un clásico realizado en 1985.

Todo semella indicar que Gillespie se fará cunha tarefa que foi anteriormente ofrecida a outros tres directores. O filme orixinal ía sobre un rapaz que descubre que o seu veciño é un vampiro.

O veterán guionista da série de televisión Buffy Cazavampiros Marti Noxon foi o autor do libreto, mentres que Mike De Luca e Alison Rosenzweig serán os produtores.