A Paramount Pictures vai facer un filme en tecnoloxía 3D de auténticas dimensións bíblicas e que levará por título In the Beginning (No comezo).
Definido xa coma “filme porno creacionista”, contará cun orzamento de 30 millóns de dólares e utilizará o libro do Xénese da Bíblia coma fonte primária para narrar uns feitos lendários coma a creazón da Terra por un deus máxico e todopoderoso ou a creazón de Adán e Eva no xardín do Edén.
A produtora de efectos especiais Reel Fx está xa a traballar nalgunhas escenas de proba para o proxecto, que se todo vai ben e recibe a luz verde, contará cun guión de John Fusco (Hidalgo, Young Guns, The Forbidden Kingsom).
O veterán da televisión David Cunningham será o director e Cary Granat (Viaxe ao centro da Terra) será o produtor.