Entrevista con Chris Nolan

0
160

Na súa primeira entrevista dende hai moito tempo, o director de O Cabaleiro Negro, Chris Nolan, por fin desvelou algúns dos segredos mellor gardados sobre o estado actual das franquías de Batman e Superman.

Ao respeito dunha terceira entrega de Batman, o irmán de Chris, Jonathan Nolan, está xa a traballar no guión: “o meu irmán está a escribir un guión para min e xa veremos o que sae… está a loitar por uni-lo á história épica que vós queredes que sexa“.

Ainda que non confirmou que el vaia ser o director, o seu principal interese é dar-lle á súa creazón un remate, facendo que a triloxía remate dunha maneira axeitada: Batman Begins reintroduciu aos persoaxes, O Cabaleiro Escuro levou ao protagonista e mais a Gothan City ao límite, e o terceiro deberá resolve-lo todo.

Sen ser moi específico, o tema clave que fai do terceiro filme unha grande posibilidade para nós é que queremos rematar a nosa história e ao ve-la coma o remate dun relato mais ca coma extendéndo-se ilimitadamente“, dixo Nolan, que non quixo nin sequera revelar quen será o vilán, agás que non será Mr. Freeze.

Pero o mais interesante arestora é sen dúbida o que tiña que contar sobre Superman: “é moi emocionante, temos unha história fantástica e sentimos que podemos face-lo ben. Coñecemos o contorno, se queres, coñecemos o xénero e como facer que saia ben“, dixo Nolan.

Ao contrário do Superman Returns de Bryan Singer que lle debe moito á visión do persoaxe de Richard Donner de filmes anteriores, os plans de Nolan pasan por facer unha aproximación mais do seu própio gusto.

E esa aproximación pasa pola visión do guionista David Goyer, encargado do libreto. Goyer contou a súa opinión a Nolan e este dixo que “aceptei-na de contado, encantou-me e pensei: ei, esa é uha aproximación á história que nunca vira antes e que a fai incríbelmente emocionante“.

Ademais, Nolan aproveitou para botar abaixo os rumores sobre a súa participación nun filme da Liga da Xustiza, xa que el coida que o seu Superman vive nun mundo diferente ao do seu Batman: “cadaún serve á lóxica interna da história. Non teñen ren que ver o un co outro“.

Ademais tamén desbotou os rumores que apuntaban ao seu irmán para dirixir o filme, e dixo que non tiña nin ideia de quen dirixiría o proxecto, pero que a súa participación sería coma a de Peter Jackson en Distrito 9, un filme que dirixiu Neill Blomkamp, ou O Hobbit, que dirixe Guillermo del Toro.