Regreso ao mundo de Oz

0
203

A Warner Bros. Pictures está pensando na posibilidade de pasar ao cinema outra saga de novelas fantásticas e de converte-las nunha posíbel franquía. Pero esta vez non se trata da obra dun autor descoñecido nin do supervendas dunha noite, senón de todo un clásico da história da literatura: a série de Oz escrita por L. Frank Baum e que inspirou a outro clásico do cinema, O meigo de Oz, en 1939.

Polo de agora os estudos están a considerar dous guións, un de Darren Lemke (Shrek Forever After) e Temple Hill (Twilight) e o outro mais escuro e sinistro, a cargo de Josh Olson (A History of Violence) e da produtora Thunder Road Pictures (Clash of the Titans) que o creador de Spawn Todd MacFarlane producirá.

As duas versións seguen os libros de Baum mais de preto cá clásica versión de 1939 que se tomou moitas liberdades, coma as zapatillas de rubí (que no libro son de prata) e numerosos trocos nos persoaxes. Ainda que os libros de Baum xa están no domínio público, certos elementos do filme de 1939 ainda levan o copyright da Metro Goldwyn Meyer, coma as devanditas zapatillas ou o título “The Wizard of Oz”.

Se isto sae adiante, podería dar-lle aos estudos unha franquía moi grande para desenvolver, xa que Baum escribiu nada menos ca 14 tomos ambientados nos mundos de Oz. Anteriormente xa houbo moitas adaptacións das súas obras: a mais salientábel é Return to Oz, de 1985, a série de anime para televisión de 1986 que adaptou catro libros da série, un proxecto rexeitado en 2002 e que só chegou ser un episódio piloto dirixido por Mick Garris e protagonizado por Melissa George, e a minisérie de 2007 Tin Man na canle Sci-Fi Channel. Ademais, hai que contar os musicais The Wiz e o mais recente Wicked, todo un éxito mundial.

A nova versión podería ser de grande orzamento e mesmo facer-se en 3D.