Indiana Jones 4 xa arrasa

717

Unha escena do filmeIndiana Jones e o reino da caveira de cristal, a cuarta entrega dunha das sagas máis célebres da história do cinema, chegou ao máis alto da billeteira dos EE.UU. durante a recente fin de semana do Día dos Caídos.

Segundo os cálculos da Paramount Pictures, a película recadou 101 millóns de dólares dende o venres e se se suma o xoves, día da sua estrea, os ingresos que xerou Indy acadan os 126 millóns de dólares (79 millóns de euros). A distribuidora do filme prevé que o luns, festivo nos Estados Unidos, acadarán outros 25 millóns de dólares, co que a recadación total para toda a ponte ascenderá a uns 151 millóns de dólares.

Con estas previsións, Indiana Jones obterá uns resultados espectaculares, se ben ficará por atrás dos 153 millóns de dólares que recadaron o ano pasado Johnny Deep e Orlando Bloom con Piratas do Caribe 3 durante a mesma fin de semana.

O récord absoluto manténo o terceiro episódio da Guerra das Galáxias con A vinganza dos Sith, a película máis billeteira de 2005.

As tres primeiras entregas de Indiana Jones recadaron 1.200 millóns de dólares en todo o mundo.

A moita distáncia de Indy situaron-se esta fin de semana O Príncipe Caspian, a segunda parte das Crónicas de Nárnia, cuns ingresos de 23 millóns de dólares, e Iron Man, que acadou 20,1 millónes.