Leonardo o aventureiro

0
156

O produtor Adrian Askarieh ven de vender á Warner Bros. Pictures unha idea para unha longametraxe que contará cunha fasquía ao xeito de Indiana Jones, chea de aventura e acción… pero que terá como protagonista a Leonardo da Vinci. O seu título será Leonardo da Vinci and the Soldiers of Forever.

A história reimaxina ao xénio italiano do século XV coma membro dunha sociedade secreta, atrapado no médio dunha aventura sobrenatural na que deberá enfrontar-se a demos bíblicos, códigos secretos, civilizacións perdidas, fortalezas ocultas e anxos caídos.

O tratamento de Askarieh está agora á procura de guionistas que lle dean forma, mentres que el mesmo, Roy Lee e Doug Davison serán os produtores.