Intercámbio de corpos

0
185

Ryan Reynolds (Deadpool, Lanterna Verde) e Jason Bateman (Hancock) van-se unir nunha comédia co clásico argumento de intercámbio de corpos titulada Change Up na Universal Pictures.

As comédias deste subxénero foron moi populares nos anos 80, cando escomezaron a se explorar as posibilidades de que acontecería se dúas persoas intercambian os seus corpos pero non as súas mentes. E así tivemos intercámbio de home-muller, neto-avó, pai-fillo, e un longo etcétera que chegou a esgotar ao público. Nesta ocasión, Bateman será un responsábel pai de família que se intercambia co nugallán ao que chama o seu millor amigo (Reynolds).

Jon Lucas e Scott Moore (The Hangover) escribiron o guión deste filme que contará coa dirección de David Dobkin e a produción de Neal Moritz. A rodaxe arrincará en setembro.