Rourke non será o pai

984

Said Taghmaoui (G.I. Joe: The Rise of Cobra) e Ron Perlman (Hellboy) son as novas incorporacións ao reparto da vindeira longametraxe de Marcus Nispel, Conan, que producirá a Lionsgate.

Taghmaoui interpretará ao líder dunha banda de ladróns que é salvado por Conan (Jason Momoa), mentres que Perlman fará de Corin, o pai de Conan. Mickey Rourke era quen orixinalmente ía facer o papel de Corin pero ao final optou por participar noutro filme, War of the Gods. Rachel Nichols, Stephen Lang, Bob Sapp e Leo Howard son os outros protagonistas de Conan.

A rodaxe arrincou esta semana en Bulgaria.