Os novacelandeses Taika Waititi (Eagle Vs Shark) e Temuera Morrison (Star Wars: Episódio Dous) veñen de se unir ao reparto de Lanterna Verde, o filme que adaptará ao popular persoaxe da DC Comics á pantalla grande na Warner Bros. Pictures.
Waititi será o millor amigo do piloto de probas Hal Jordan (Ryan Reynolds), o home que grazas ao anel do poder que lle entrega unha forza de policía interplanetária obtén os superpoderes que o converten no Lanterna Verde da Terra.
Pola súa banda, Morrison será Abin Sur, o membro dos Lanternas Verdes que axudará a Jordan a se converter en superheroe.
A rodaxe escomezou o luns en New Orleans baixo a dirección do tamén novacelandés Martin Campbell (Goldeneye, Casino Royale).