Robert Downey Jr. en Gravity

0
196

Robert Downey Jr. está en conversas para se converter no protagonista da vindeira longametraxe do mexicano Alfonso Cuarón, o filme en 3D Gravity que se rodará baixo o patrocínio da Warner Bros. Pictures e mais da Legendary Pictures.

Ambientada nunha remota estación espacial, a história vai sobre un astronauta home (Downey Jr.) e unha muller que están no exterior cando os refugallos dun satélite que ven de estoupar matan ao resto da tripulación.

Orixinalmente desenvolvida pola Universal, Angelina Jolie ía ser a protagonista feminina, pero rexeitou finalmente o papel cando a Universal abandoou o proxecto. A Warners retomou-no e acadou a participación de Downey.

Cuaron (Fillos dos Homes, Harry Potter e o Prisioneiro de Azkaban) dirixirá o filme, que conta cun guión que el mesmo escribiu xunto ao seu fillo Jonás. A rodaxe escomezará este verán en Londres e Downey poderá chegar a tempo para o seu seguinte proxecto, que será a secuela de Sherlock Holmes, que ten previsto comezar en outono na mesma cidade.