Ed Norton nos Vingadores?

0
193

Mália que as malas línguas din que tivo unha liorta cos responsábeis dos estudos após de protagonizar The Incredible Hulk, Edward Norton ven de revelar que está mais optimista ca nunca para regresar ao papel de Bruce Banner e mais ao universo Marvel para o potencial proxecto de Os Vingadores, que axuntará a vários superheroes nun só filme.

Preguntado sobre se a Marvel se puxera en contacto con el para escomezar a traballar, Norton dixo: “Si, até certo punto, a través dos meus axentes… Pero sempre houbo unha axenda que coido que teñen que aclarar moito no universo Marvel e logo regresar… coido que teñen moito material novo que están a descubrir e daquela nalgún intre van averiguar como poden facer Os Vingadores“.

Ademais engadiu que “o tipo co que tiven unha liorta xa marchou dalí de todos os xeitos, coma sempre acontece. Coma dixo David Mamet, ‘Só espera a que marchen e ti ainda seguirás alí’“, o que explica os seus motivos para o seu novo optimismo.