César busca futuro

0
217

Rupert Wyatt (The Escapist) ven de se converter no principal candidato a estas alturas para dirixir a precuela ou relanzamento do filme O Planeta dos Símios na 20th Century Fox, un filme que levará por título Caesar e que utilizará o guión escrito por Rick Jaffa e Amanda Silver.

Na Internet xa circulan algunhas cópias do devandito guión e seica din que os seus escritores puxeron nel moitas referéncias ao orixinal A conquista do Planeta dos Símios no que se baseará Caesar, senón que hai moi pouco do orixinal de 1968 Planet of the Apes.

A história xeral vai sobre un médico que tenta curar o Alzheimer. Após de que lle pechan a súa investigación, regresa á súa casa e cría alí a César, o fillo da parella de símios mais prometedores do seu experimento con chimpancés. César continúa evolucionando e axiña dirixirá un exército de símios que aproveitan que a humanidade é golpeada por unha catástrofe para se faceren co poder na Terra.

Un dos toques mais interesantes do filme serán as referéncias que se fan á desaparición da nave espacial Icarus, comandada polo coronel Taylor, o persoaxe principal que se estrela na Terra do futuro no filme orixinal de 1968.

O outro é que o cataclismo que golpea á humanidade está vencellado a unha mutación xenética e expica non só que os símios evolucionen axiña e coa rapidez abondo como para liderar unha revolución, senón o por que a fasquía dos símios da série orixinal non ten ren que ver coa fasquía dos símios na actualidade.