Jackson producirá “District 9”

872

Os directores Peter Jackson e Neill Blomkamp van poñer en marcha a partir desta primavera o proxecto District 9, un filme de ciéncia-ficción que marcará o debut na dirección de longametraxes de Blomkamp.

Jackson producirá a través da súa compañía WingNut Films. Blomkamp escribiu o guión xunto coa súa parceira Terri Tatchell. A empresa de Jackson Weta Workshop está disposta a fornecer os efectos especiais.

O proxecto naceu e medrou a partir dunha relación de amizade que estableceron Jackson e Blomkamp en Nova Celanda mentres preparaban a adaptación ao cinema do videoxogo de Microsoft Halo. Mesmo ainda que ese proceso tivo que se deter cando os financiadores Universal e Fox dubidaron en continuar adiante, Blomkamp nunca abandonou. Máis tarde, el e Jackson continuaron barallando ideias até que chegaron a un acordo con District 9.

Blomkamp é coñecido por dirixir anúncios e curtametraxes, e Microsoft encargou-lle recentemente tres anúncios para a tele para o lanzamento do seu videoxogo Halo 3. Ainda que medrou en Vancouver (Canadá), Blomkamp naceu en Sudáfrica, onde regresará para rodar District 9.