A Disney pón-lle o peche á ImageMovers

0
201

A Walt Disney Studios pechará a empresa de Robert Zemeckis, a ImageMovers Digital, o vindeiro mes de xaneiro para aforrar custes.

Zemeckis creou a ImageMovers en 1997 e con ela produciu filmes coma What Lies Beneath, Cast Away, Matchstick Men, The Polar Express ou Beowulf. En 2007 a ImageMovers pechou e foi renomeada coma ImageMovers Digital ao ser adquirida pola Walt Disney Company.

O primeiro filme da nova IMD, a adaptación de 200 millóns de dólares do ano pasado de A Christmas Carol, non xerou os benefícios que a Disney agardaba. Combinado co actual momento de crise mundial e que filmes coma Avatar veñen de deixar en cueiros a tecnoloxía da IMD, ademais de que xerou moitísimos mais benefícios, a empresa “xa non encaixa mais no noso modelo de negócio“, segundo o presidente da Disney Studios, Alan Bergman.

A Imagemovers ainda ten que pechar a actual tempada porque ten en produción o filme Mars Needs Moms. A compañía tiña previsto asemade desenvolver un remake do clásico dos anos 60 dos Beatles Yellow Submarine, para o que contaban con asinar-lle un contrato de longa duración a Zemeckis e aos seus parceiros da IMD.