Procúra-se: un director de cinema con talento que se encargue de pasar á pantalla grande un dos libros mais difíciles de adaptar pero extremadamente popular nunha franquía na que posíbelmente deba realizar dous películas pero que lle proporcionará unha inmensa fortuna.
Estes seica son os termos da oferta de traballo coa que a Summit Entertainment quere convencer a un trío de aclamados directores para que fagan The Twilight Saga: Breaking Dawn, a adaptación ao cinema da cuarta e derradeira entrega da saga de Twilight, a série literária de vampiros adolescentes de Stephenie Meyer.
No trío hai nomes que son moi familiares aos afeccionados ao cinema dese que leva moitos prémios e loubanzas dos críticos, famosos por facer cinema moi persoal pero tamén por tomar-se o seu tempo para rematar cada unha das súas películas, o que os converte en pouco axeitados para un proxecto comercial controlado fortemente polos estudos.
Os nomes son os dos gañadora dun Oscar Sofia Coppola (Lost in Translation, Marie Antoinette) e Bill Condon (Dreamgirls, Kinsey), e do moitas veces candidato ao mesmo prémio Gus Van Sant (Milk, Good Will Hunting).
A decisión nombergantes non se tomará até que a guionista Melissa Rosenberg entregue o libreto, o que non acontecerá moi moi cedo até a semana que ven.
Sexa quen sexa finalmente o elixido deberá enfrontar-se a non poucos problemas. O primeiro é a escasa por non dicir nula experiéncia de ningún deles co cinema de xénero. O seguinte será o de tomar nas mans algo que sen dúbida algunha será considerado un fracaso total pola crítica, mesmo antes de se comezar a rodar. E o terceiro é ter que facer un filme que vai dirixido a unha audiéncia de adolescentes pero que está baseado nunha novela con elementos explícitamente sexuais e violentos.