Segel nos Telebonecos

0
187

O actor Jason Segel (da série de televisión Como coñecín á vosa nai) non só é o autor do guión, senón que ademais será o protagonista humano da vindeira película dos Telebonecos, The Greatest Muppet Movie of All Time para a Disney Pictures.

Segel, que escribiu o guión xunto a Nicholas Stoller, interpretará a un home que xunto á súa moza e mais un teleboneco amigo está á procura do resto dos Telebonecos.

James Bobin será o director, mentres que Segel, David Hoberman e Todd Lieberman serán os produtores.