Existence 2.0 toma forma

0
160

Miles Millar e Alfred Gough, os creadores de Smallville, a serie de televisión que retrata as aventuras de Superman cando era mozo, están vencellados ao proxecto que adaptará a série do cómic de Nick Spencer Existence 2.0 ao cinema na Paramount Pictures e mais na Platinum Dunes.

A história vai sobre un físico amoral e egoísta que esperta e atopa que a súa mente está agora residindo no corpo dun asasino que ven de mata-lo a el.

Após de se introducir no estilo de vida do criminal durante un tempo, as cousas comezan a se poñer difíciles cando a súa filla é secuestrada polos homes que ordearon a súa morte.

Michael Bay, Andrew Form, David Alpert e Brad Fuller son os produtores.