Weaver a raíña Vampira

0
159

Sigourney Weaver será unha raíña vampira sedenta de sangue na comédia romántica de vampiros Vamps.

A história está ambientada na actualidade e vai sobre dúas fermosas vampiras (Alicia Silverstone e Krysten Ritter) que disfroitan da vida noiturna da cidade de York City até que o amor se interpón entre elas e mais a súa inmortalidade.

Weaver fará de Ciccerus, a vampiresa que converteu en chuchasangues ás dúas protagonistas. A directora e guionista de Clueless (un filme cuxo título foi traducido en España coma Fuera da Onda) Amy Heckerling dirixirá este proxecto, que comeza a se rodar a finais de abril.