Os pavos do futuro

0
249

Owen Wilson e Woody Harrelson poñerán as súas voces a unha parella de pavos viaxeiros polo tempo na versión orixinal do filme de debuxos animados Turkeys da Bedrock Studios.

Ash Brannon (Toy Story 2) dirixe a história de Reggie e Brock, dous pavos que atopan unha máquina do tempo e regresan até o primeiro día de Acción de Grazas para salvar aos seus compañeiros de morrer todos os anos para se converteren na cea típica desa festa americana.

Luke Wilson tamén lle porá a súa voz a un persoaxe no filme que escribiron e producen John J. Strauss (Algo pasa con Mary) e David I. Stern (Open Season 2). A estrea está planeada para 2011.

A Bedrock está asemade a desenvolver unha série de longametraxes que adaptarán clásicos para nenos coma The Rats of NIMH, A Wrinkle in Time e Dinosaur Bob.