Azaria será Gargamel

0
190

Hank Azaria será quen lle poña a voz ao malvado meigo Gargamel na adaptación dos Pitufos á pantalla grande que realizará a Sony Pictures.

A história, sobre a que xa comezan a se coñecer algúns detalles, irá sobre unha parella que está a esperar o seu primeiro fillo, pero que verán como as súas vidas dan un volco após de coñeceren aos pequenos seres azuis en Central Park, en pleno centro da cidade de New York.

Neil Patrick Harris e mais a protagonista de Glee, Jayma Mays, serán a devandita parella. A rodaxe escomezará o mes que ven e a estrea está prevista para agosto de 2011.