Escadrón de Monstros

0
161

A Platinum Dunes, unha produtora que leva xa vários anos a tirar de remakes de filmes de terror, ven de engadir outro á súa lista: o clásico filme de culto de 1987 The Monster Squad.

O orixinal, escrito por Shane Black e Fred Dekker, vai sobre un grupo de nenos que tentan deter a Drácula, o Lobishomen, a Múmia e outros monstros que pretenden obter un amuleto que lles permitiría governar o mundo.

A Platinum quere agora atopar un guionista que se encargue do proxecto, que leva a se desenvolver dende 2008, baixo a dirección de Rob Cohen, se ben el escomezou-no coa Paramount Pictures.

Cohen foi un dos produtores do filme orixinal de 1987 e para esta nova versión pretende contar coa axuda de Michael Bay, Brad Fuller e Andrew Form.