Novo libro de Manel Díez Román

0
185

Capa do libroEdicións Mandrágora ven de anunciar a publicación dunha novela dun dos colaboradores máis veteráns e queridos de NOVA FANTASIA, o escritor Manuel Díez Román, titulada Barcelona Blues.

Segundo a editorial, o seu argumento xira ao redor dunha Barcelona dividida en bárrios privados e murallas tras das que se agochan os cidadáns procurando protexer-se das bandas e a contaminación, mentres os disidentes son expulsados aos Territórios Libres. É unha sociedade balcanizada e caótica, onde prosperan as seitas e as crenzas máis diversas, tutelada de preto polo exército após da guerra do Magreb, ainda que o poder na sombra osténtano as corporacións transnacionais. Un policía, unha xornalista e mais un neurojockey verán como o seu futuro sufre un cámbio drástico ao se involucraren involuntáriamente nunha trama que pretende crear novas regras de poder na sociedade.

Manuel Díez Román (Barcelona, 1966) foi cofundador da revista electrónica Ad Astra. Ven colaborando con relatos e artigos en diversos fanzines e revistas tanto españolas como hispanoamericanas e ten publicada unha antoloxía de relatos de temática cyberpunk, na que é un auténtico mestre.