A enruga no tempo

0
178

Jeff Stockwell (Ponte a Terabithia, The Dangerous Lives of Altar Boys) será o encargado de adaptar a clásica novela de ciéncia-ficción de Madeleine L’Engle A Wrinkle in Time nunha longametraxe para a Bedrock Studios.

Considerada coma un dos clásicos do xénero, a história escrita en 1962 vai sobre unha adolescente, Meg Murray, o seu xenial irmán de cinco anos e mais un compañeiro de clase, que se embarcan nunha aventura polo universo para rescataren ao seu pai, un científico que se perdeu. No proceso atoparán unha grande forza escura que está a devorar o universo enteiro, e un planeta baixo o control dun cerebro sen corpo chamado IT.

Cary Granat será o produtor. Stockwell tamén está a traballar nas versións para o cinema da novela de 2006 de Kate DiCamillo The Miraculous Journey of Edward Tulane e na novela fantástica para nenos de 1985 de Eiko Kadono Kiki’s Delivery Service, que xa fora adaptada anteriormente nun memorábel anime de Hayao Miyazaki.

Desta novela xa se fixera unha adaptación para un telefilme en 2003.