O Home do Mañá

0
199

O director alemán director Christian Alvart (Case 39, Pandorum) adaptará ao cinema a série de ciéncia-ficción publicada en revistas pulp dos anos 40 e finais dos anos 70 Captain Future.

Alvart afirmou que vai desenvolver o filme coma un “grande fan da space opera para toda a família“. O persoaxe do Capitán Futuro, ou Curtis Newton, é un brillante científico e aventureiro que viaxa polo noso sistema solar para axudar á xente e derrotar aos malvados.

O argumento será esencialmente unha história orixinal, que narrará a primeira aventura de Newton. Ainda que Alvart non-o especifica, terá que ver probábelmente coa morte dos pais de Newton a mans do científico criminal Victor Kaslan e a súa posterior crianza baixo a tutela do científico Simon Wright, un robot intelixente e un androde capaz de mudar de forma.

Alvart dixo que xa están a traballar nun argumento para unha secuela do filme, casode que chegue a ser o éxito que esperan, e que así non teñan que agardar moito para facer unha segunda parte. El mesmo leva após desteproxecto moitos anos e agora que seica por fin conta coa financiación axeitada, as cousas poderán poñer-se en marcha rapidamente.

En termos de comparacións, Alvart non dubidou en asemellar o seu proxecto con O Quinto Elemento, “un filme de ciéncia-ficción de alto orzamento desenvolvido e producido en Europa cun reparto internacional“. O proxecto suporá a chegada ao cinema dun dos heroes clásicos das novelas pulp de ciéncia-ficción que ainda non tiveran a súa oportunidade na pantalla grande. Outros heroes da mesma época que están por dar o mesmo salto son Doc Savage e Dan Dare: Pilot of the Future.