Os Addams en 3D

536

O director de Alice in Wonderland 3D e O Barbeiro da rúa Sweeney Todd, Tim Burton, está atrás doutro remake en 3D, nesta ocasión será a versión en debuxoas animados e stop-motion de A Família Addams.

Esta nova versión non estará relacionada coa clásica comédia da televisión nin cos filmes que se realizaron nos anos 90, senón mais ben cos debuxos orixinais de Charles Addams aparecidos na revista New Yorker e que foron as que inspiraron a série da tele. Esta versión terá un toque mais adulto e intelixente, en liña cos debuxos orixinais.

Agora Burton está a procurar a un guionista para canto antes. O seu seguinte proxecto, Frankenweenie, usará tamén a técnica de 3D/stop-motion que pretende empregar para os Addams.