Cando todo semellaba pechado para que Bryan Singer regresase á Patrulla X coa Fox na secuela First Class, as cousas seica veñen de dar un xiro inesperado. Diversas fontes informan que a Fox está á procura doutro director para que se ocupe deste filme e que entre os candidatos hai dous realizadores importantes que xa teñen experiéncia no cinema de superheroes ou adaptando persoaxes de cómic á pantalla grande.
A razón deste xiro imprevisto é que Singer está moi ocupado agora mesmo coa pre-produción do filme de aventuras fantástico Jack the Giant Killer, mentres que a Fox ten unha axenda moi estrita e uns plans xa feitos para o lanzamento de X-Men: First Class, uns plans que entrarían en conflito coa produción do Mataxigantes. E como resultado, Singer non poderá regresar á franquía que mais fama e cartos lle forneceu até de agora. Como moi cedo, podería estar a temp ode facer a segunda parte de Lobeto.
Por outra banda, pero tamén relacionado cos superheroes da Marvel, o director Louis Leterrier (The Hulk) confirmou que o seu nome está na lista de candidatos para se faceren cargo do filme dos Vingadores, pero que iso si, “está no fondo da lista“.