Un accidente durante a filmación fixo comezar un lume no plató de rodaxe do filme Harry Potter and the Deathly Hallows o pasado venres en Inglaterra.
A segunda unidade de filmación, menteres rodaba a escena culminante da “Batalla de Hogwarts”, que require moitos lumes de artifício, foi-se fóra de control e un castelo en miniatura feito de madeira, aceiro e plástico prendeu e fo ia causa de que houbera que chamar aos bombeiros. Olume ficou extinguido corenta minutos despois.
Ningún dos membros do reparto principal estaban no plató durante o incidente e ningún dos mais de cen membros da equipa de rodaxe sofriu dano algún. Nombergantes, seica a miniatura do castelo que representa o experior de Hogwarts ficou case totalmente destruido e os danos estíman-se ao redor das 100.000 libras (110.000 euros).
Un representante da produtora revelou á prensa que os estudos de Leavesden non foron danados polo lume, que foi oi limitado e contido axiña. Ademais engadiu que o plató deberá ser reconstruido de todas maneiras. O decorado vai-se precisar para a segunda parte da palícula.