Será Xerxes de 3D?

553

O director de Watchmen, Zack Snyder, ven de desvelar que hai unha moi grande posibilidade de que se rode Xerxes, a segunda parte do filme 300, e de que el sexa o director. Xerxes será a adaptación da novela gráfica de Frank Miller que é a continuación do seu anterior éxito, 300.

Snyder admintiu que sabe pouco sobre a história: “non lle dixen a Frank o que é o que tiña que escribir para a primeira parte, e non lle vou dicir o que escribir esta vez. Tomarei-no e adaptarei-no nunha película e escribirei un guión, pero quero que faga o que considere millor… supon-se que debe amosarme algo axiña, realmente nos vindeiros meses“.

Snyder tamén revelou que a Warner Bros. Pictures converteu unha parte do filme orixinal 300 ao formato 3D para demostrar as capacidades da tecnoloxía e que “van-se pensar face-lo para a seguinte película“, o que podería sinificar asemade que hai posibilidades dun relanzamento da primeira parte en 3D.