Remake de Popeye

0
151

A Sony Pictures Animation está planeando facer un filme en 3D con debuxos animados xerados por computador, baseado no clásico persoaxe de cómic Popeye.

Os detalles da história están ainda gardados en segredo, pero todos os persoaxes clave, incluindo a Popeye, a súa moza Rosário, o seu inimigo Bruto e mais o seu fillo Cocoliso aparecerán no filme.

Mike Jones (The Minotaur Takes a Cigarette Break) está en negociacións para escribir o guión mentres que Avi Arad está após da produción. A Sony Pictures Imageworks encargará-se da animación por computador, o mesmo que xa está a facer para o filme dos Pitufos.

Robert Altman dirixiu unha adaptación do persoaxe con actores de carne e óso en 1980, que protagonizou daquela Robin Williams.

COMPARTIR
Artigo anteriorSerá Xerxes de 3D?
Seguinte artigoSpy Hunter ao cinema