Spy Hunter ao cinema

0
162

Spy Hunter, a adaptación ao cinema do grande éxito dos videoxogos da Midway Games, acaba de se facer cun óco na axenda da Warner Bros. Pictures e da Vertigo Films.

Spy Hunter é un videoxogo de acción no que se conduce o interceptor G-615, un coche fictício que é perseguido por unha grande gama de vehículos inimigos. O persoaxe principal é un ex-piloto de combate convertido en asasino freelance que se especializa en perseguir axentes de intelixéncia que se rebelan.

O proxecto pasou xa por dous intentos anteriores de se converter en película, ambas a mans da Universal Pictures, pero nas duas ocasións a aventura no nchego ua bó porto. A primeira vez ía ser dirixido por John Woo con The Rock como protagonista, mentres que a segunda contaba con Paul W.S. Anderson na dirección. A Warners se fixo cos dereitos sobre a propriedade da Midway Games nunha poxa hai uns meses, cando esta empresa crebou.

Chad St. John (Motor City) escribirá agora o último boceto do guión, se ben hai outros candidatos para se faceren cargo do argumento, entre eles Michael Brandt, Derek Haas, Zak Penn e Stuart Beattie. Dan Lin e Roy Lee serán os produtores.

COMPARTIR
Artigo anteriorRemake de Popeye
Seguinte artigoO Pequeno Irmán