O Pequeno Irmán

0
199

A Angryfilms ven de se facer cos dereitos para o cinema da novela de ciéncia-ficción para adolescentes de Cory Doctorow Little Brother.

A história vai sobre un estudante de instituto, un tal Marcus Yallow, que se atopa xunto cos seus maigos no médio dun atentado terrorista na ponte da bahía de San Francisco. Capturado polas forzas do Ministério do Interior americano e interrogado durante tres días de xeito brutal, por fin cando é liberado descubre que San Francisco converteu-se nun estado policial.

Axiña, converterá-se na peza clave nunha rebelión organizada para ceibar aos seus amigos e á cidade.

Don Murphy e Susan Montford serán os produtores desta peza de suposta crítica social dirixida ao público adolescente americano. O guionista e mais o director están ainda por se nomear.