Kellan Lutz é un deus

0
188

Ainda que xa o era para as súas fans de Twilight, Kellan Lutz será outra vez un deus, nesta ocasión o deus grego do mar, Poseidón, na Guerra dos Deuses (War of the Gods), o novo filme da Relativity Media e mais da Universal Pictures.

Tarsem Singh dirixe esta história protagonizada por Teseo (Henry Cavill), quen deberá liderar aos seus homes na batalla para axudar aos deuses do Olimpo contra os Titáns, os antigos deuses aos que venceron nunha loita que durou dez anos para salvar á humanidade.

Freida Pinto e Mickey Rourke xa están no reparto deste filme, que conta cun guión que reescribiu Jason Keller sobre un orixinal de Christian Gudegast. A rodaxe escomezará en Montreal en abril.