Xa hai Capitán América

0
173

Por fin temos un gañador. Após de non poucas dúbidas, apostas e consultas, Chris Evans ven de aceptar o papel que lle ofreceron na Marvel Studios para interpretar a Steve Rogers, o Capitán América, no vindeiro filme The First Avenger: Captain America.

Evans foi ún dos últimos actores que entraron nas apostas, e non fo iaté a semana pasada cando lle offreceron o papel, que aceptou após de pasar a fin de semana pensando. Ainda que fican un par de flecos por pechar, xa só é unha cuestión de sinaturas. A Marvel ainda non comentou ren, pero se agarda a que faga pública a súa decisión en canto todos os contratos estean asinados.

O trato consiste en interpretar ao Capitán alomenos en tres filmes co Capitán como protagonista único e noutro como parte do equipo de superheroes dos Vingadores. Hugo Weaving xa se comprometeu a interpretar ao malvado Cránio Vermello, o inimigo nazi do Capitán América.

O filme contará coa dirección de Joe Johnston e a rodaxe debe escomezar este verán, coa vista posta nunha estrea que se producirá en xullo de 2011.