Un Transformers 3 de luxo?

0
211

Nunha actualización no seu blog oficial, o director Michael Bay ven de facer un par de anúncios sobre a terceira entrega de Transformers, e cunha grande sorpresa de tres novos nomes que se engaden ao reparto.

No seu primeiro post, Bay anunciou que a rodaxe se producirá en Los Angeles, Chicago, Washington DC, Florida, Texas, Africa, Moscú e China. E no segundo, confirmou que ven de pechar un trato con nada menos ca Frances McDormand e John Malkovich. Ambos actores eran obxectivo de Bay dende había tempo, e contarán ademais co cómico Ken Jeong, coñecido pola súa participación en Hangover e Knocked Up.

A preprodución debe escomezar dentro dun mes, segundo anunciou o mesmo Bay, quen aproveitou para relembrar que o novo autobot que se unirá ao grupo de heroes transformábeis será un Ferrari 458 Italia.