Todos queren ser de 3D

0
179

A 20th Century Fox ven de confirmar as dúas películas fantásticas que estreará en decembro, ademais de ser adaptacións de clásicos da literatura, serán ademais pasadas ao sistema 3D.

A primeira é a longametraxe de Michael Apted The Chronicles of Narnia: The Voyage of the Dawn Treader, a terceira entrega da saga baseada nas novelas de C.S. Lewis, que se estreará o 10 de decembro. E a outra é a comédia de Jack Black Gulliver’s Travels, baseada no clásico de Jonathan Swift e que se estreará o 22 do mesmo mes.

Con estas incorporacións, seica o nadal deste ano será totalmente en tres dimensións, xa que nestes intres non menos de seis filmes xa anunciaron que se estrearán por esas datas e que serán en 3D. E hai outros que ainda han de vir.

Unha persoa que non está dando chimpos de ledícia coa ideia é Michael Bay, quen seica está ainda escéptico ao respeito da tecnoloxía que está a causar que a xente volva ao cinema. Especialmente non é amigo das conversións a 3D de filmes que foron rodados en 2D, coma Alice in Wonderland, ou Clash of the Titans.