A decisión de Smith

0
209

Will Smith deberá elixir nos vindeiros días entre facer o filme da Sony Men in Black 3 ou o da Fox The City That Sailed coma o seu vindeiro proxecto.

MIB3 é unha franquía que non precisa de presentación, após do seu grande éxito en 1997 e a súa continuación en 2002, que conxuntamente recadaron mais de 1.000 millóns de dólares en todo o mundo. Etan Cohen (Idiocracy, Tropic Thunder) está a escribir o guión da terceira entrega, para o cal os estudos queren anunciar canto antes que están en disposición de estrea-la no verán de 2011.

A outra longametraxe é un filme que conta co interese persoal de Smith, xa que a súa empresa produtora, a Overbrook Films, foi a que desenvolveu este guión orixinal, escrito por Andrew Niccol (Gattaca).

O filme vai sobre unha rapaza que vive en Inglaterra e está separada de seu pai, un meigo que traballa nas rúas de New York. Cando ela atopa unhas velas máxicas nun faro e pide como desexo o de se axuntar con seu pai, a illa de Manhattan escomeza a navegar polo océano Atlántico cara a Inglaterra.