O pior filme de todos os tempos: así foi designada por diversas votacións, e acadou o seu intre de maior glória cando hai dez anos Tim Burton homenaxeouna na sua maxistral Ed Wood. É Plan 9 do espazo exterior, un dos cúmios do cinema de série Z, está por cumprir cincuenta anos e terá unha nova versión para celebra-lo.
Vampira, Bela Lugosi e o resto dos desafortunados actores que acompañaban ao director Ed Wood nos seus descabelados proxectos poderían ter sustitutos se, coma semella, o remake chega a se filmar.
O argumento da película é coñecido: uns alieníxenas veñen á Terra para, reanimando cadáveres, acabar cos humáns e apoderar-se do noso planeta. Pero a película é relembrada polos seus pésimos efectos especiais, horrorosas interpretacións e os diálogos sen sentido.
O director John Johnson, autor de Shadowhunters, amosou o seu entusiasmo por facer o remake, asegurando ademáis que o filme non será unha paródia, senón algo “realmente aterrador“. Para elo conta coas actuais tecnoloxías, o mesmo entusiasmo ca Wood e, por suposto, con millóns de fans do filme orixinal, convertido nun clásico de culto.
Máis información no sítio Web do filme.