Paul W.S. Anderson (Event Horizon, Resident Evil) será o director da nova versión en 3D do clásico heroe de ciéncia-ficción Buck Rogers.
Buck Rogers escomezou sendo un programa na rádio dos anos 20 e acadou atraer a toda unha nova xeración de seguidores cando a finais dos anos 70 se converteu nunha existosa série de televisión. A série estaba protagonizada por Gil Gerard no papel dun ultraconservador e ultragominado Capitán William “Buck” Rogers, un piloto da forza aérea dos Estados Unidos ao mando do Ranger 3, unha nave espacial lanzada en 1987 pero que é conxeada e aparece no futuro, en pleno século XXV.
Art Marcum e Matt Holloway (Iron Man) escribirán o guión e Jeremy Bolt, Fredrik Malmberg, Larry Abramson e George Furla serán os produtores.