WondLa no cinema

0
144

A Paramount Pictures ven de se facer cos dereitos para adaptar ao cinema a vindeira novela para adolescentes de Tony DiTerlizzi The Search for WondLa.

A história vai sobre Eva Nine, unha rapaza de doce anos orfa que medrou nun fogar subterráneo de alta tecnoloxía governado por unha matriarca robótica. Eva remata fuxindo cando a súa casa é atacada e tentará atopar outros humanos coma ela, inspirada por un retrato coa verba WondLa axuntada.

Este é só o primeiro libro dunha série que ainda que non escomezará a se ver nas librarías até este outono, xa conta coa promesa de ser adaptada por enteiro ao cinema, coa produción de Ellen Goldsmith-Vein. DiTerlizzi é tamén o autor da série tamén pasada ao cinema As Crónicas de Spiderwick.