Angelina a raíña malvada?

0
174

Corre o rumor de que Angelina Jolie está moi interesada no papel protagonista da malvada bruxa no filme Maleficent que está a preparar a Disney Pictures.

A pasada semana soubo-se que Linda Woolverton (A Bela e a Besta) escribiría o guión deste proxecto, descrito coma “unha aventura familiar post-moderna” e centrada na malvada raíña que fo ia principal inimiga da Bela Durminte no clásico da Disney do ano 1959.

Jolie está “moi interesada” en tomar este proxecto, segundo fontes ben informadas. Tim Burton é o nome que mais soa para se facer cargo da dirección, se ben polo de agora non houbo contactos con el.