Os novos lobishomes

0
180

O mundo dos lobishomes vai ter duas novas interpretacións na pantalla grande grazas a senllos novos proxectos en marcha.

O primeiro está a cargo do guionista David Hayter (X-Men, Watchmen) que fará o seu debut na dirección cun thriller titulado Wolves e que terá un orzamento de 18 millóns de dólares á súa disposición.

Descrito coma un Twilight menos casto, o guión do mesmo Hayter revisará algunhas das películasmais clásicas dos lobishomes e fará un percorrido pola súa mitoloxía, sen esquecer que o mito en si é unha metáfora do espertar sexual na adolescéncia.

O proxecto estivo dando voltas por diversos estudos hai dous anos da man de Thomas Dekker e Ray Stevenson, pero o escomezo da crise económica detivo en seco a iniciativa.

E o outro filme de licántropos está asociado ao nome de Steve Pink (Hot Tub Time Machine, Accepted) que será o director dunha comédia de terror para maiores de 18 titulada Werewolves of Reseda.

O guión de Brian Frank vai sobre un grupo de rapaces que vive no val de San Fernando e que pouco a pouco se van convertendo en lobishomes. Os cámbios serán en realidade beneficiosos para as vidas das súas famílias. Lawrence Grey será o produtor.