Frankenstein chega a Londres

0
221

O realizador ruso Timur Bekmambetov (Wanted, Night Watch) será o director de Casebook of Victor Frankenstein, un filme que escomezará a se rodar axiña.

O guionista gañador dun prémio Tony (os Oscar do teatro) David Auburn (Proof, The Lake House) será o encargado de adaptar ao cinema a novela orixinal de Peter Ackroyd que narra unha vez mais o clásico do terror de Mary Shelley Frankenstein dende un punto de vista algo distinto.

A novela de Ackroyd leva a acción a Londres, onde o estudante de medicina Victor Frankenstein reanima o cadáver dun coñecido del, pero fica tan horrorizado que abandoa a creatura. O monstro, furioso, traerá a miséria e a morte a todos os que estiveron algunha vez relacionados con el.

Ackroyd ocúpa-se de lle dar un trasfondo histórico realista á súa obra, na que os clásicos poetas románticos Lord Byron e Percy Bysshe Shelley aparecen coma persoaxes secundários, e mesmo incorpora á mesma Mary Shelley e á famosa xuntanza de 1816 que inspirou a obra.