ID4 2 e 3, mais preto

0
184

Todo semella indicar que Will Smith ven de asinar un contrato coa 20th Century Fox para protagonizar dúas novas entregas do filme Independence Day.

Roland Emmerich, que dirixiu o filme orixinal, ven dicindo dende hai tempo que a Fox non quería facer unha secuela do seu éxito de 1996 porque o custe de contratar a Will Smith (o seu soldo ronda actualmente os 20 millóns de dólares por película) poñería o proxecto ao borde do desastre financeiro mesmo antes de se escomezar a rodar. Pero agora seica dalgún xeito eses problemas semellan solventados e a rodaxe podería anunciar-se para escomezar o ano que ven.

Emmerich estáa dirixir actualmente o thriller Anonymous mentres que Smith deberádecidir-se nos vindeiros dúias entre dous proxectos á vista: The City That Sailed ou Men in Black 3. Calquera secuela de Independence Day non iría nunca antes de calquera dos dous proxectos.